Carlos Dafonte Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Dafonte Sánchez
Carlos Dafonte Sánchez, retrato en Vida Gallega, 1932.
Nacemento1906
Lugar de nacementoA Coruña
Falecementonovembro de 1990
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Carlos Dafonte Sánchez, nado na Coruña en 1906 e finado en Lugo en novembro de 1990, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid, onde militou na Federación Universitaria de Estudiantes. Foi militante do Partido Republicano Presidencialista de España e colaborou en El Presidencialista, o órgano das Juventudes do Partido. Cara 1928 regresou a Coruña onde foi xuíz municipal. Integrouse na ORGA. Amigo de Santiago Casares Quiroga, na República foi nomeado gobernador civil de Cáceres o 9 de setembro de 1932, cargo do que foi cesado o 6 de novembro dese ano polas súas discrepancias con políticos socialistas locais e a súa forma de enfrontar algunha das folgas xerais dese período. Foi chamado para ser gobernador civil de Palencia, pero rexeitou o nomeamento. Afiliouse a Izquierda Republicana e participou nalgúns actos do partido.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por un curto período. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.[2] Ao rematar a Guerra Civil instalouse en Lugo, onde se dedicou á avogacía.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Carlos Dafonte Díez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 8-12-1935, p. 11.
  2. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 17-1-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]