Saltar ao contido

Carlos Benjumea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Benjumea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Morte13 de maio de 2021 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, humorista, director teatral Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 13 de maio de 2021 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosErnesto Benjumea, Marcela Benjumea Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0071382 Editar o valor en Wikidata

Carlos Julio Benjumea Guevara, nado en Bogotá o 27 de xaneiro de 1941 e finado o 13 de maio de 2021,[1][2][3] coñecido como "El Gordo", foi un comediante, director de teatro e actor de cinema, teatro e televisión colombiano, fundador da programadora Coestrellas.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con máis de 50 anos de traxectoria artística, 'El Gordo' comezou facendo teatro e posteriormente integrou o elenco da comedia "Yo y Tú". Na década dos 70, foi a estrela principal dunha serie de filmes humorísticos, incluíndo El taxista millonario, Esposos en vacaciones ou El inmigrante latino, chegando a rodar seis filmes co director Gustavo Nieto Roa.[5] Máis tarde, dedicaríase ás comedias e o teatro.

Foi copropietario da empresa de televisión Coestrellas, onde realizou espazos como "Sabariedades" xunto ó seu amigo Fernando González Pacheco, "Ver para aprender" e fundou a compañía teatral La Casa del Gordo, onde salientou no xénero de Café Concerto. A finais participou en telenovelas como Fuego Verde e Isabel me la veló. Tamén participou en filmes como Perder es cuestión de método e en telenovelas como Hasta que la plata nos separe.[6] Os seus fillos Ernesto, Paola e Marcela son tamén actores de televisión e teatro.[6]

En 2017, recibiu o premio "Victor Nieto" na categoría "toda unha vida" nos premios India Catalina.[7]

En 2021, finou por mor de complicacións rexistradas meses antes.[8][9][10][11]

  1. "Ernesto y Marcela, los hijos famosos del fallecido ‘Gordo Benjumea’". El Tiempo. 2021-05-13. Consultado o 13 de maio de 2021. 
  2. "Muere el 'Gordo' Benjumea, uno de los grandes de la TV en Colombia". El Heraldo. Consultado o 13 de maio de 2021. 
  3. "Murió Carlos ‘El Gordo’ Benjumea". Infobae. Consultado o 2021-05-13. 
  4. El Gordo Benjumea, un artesano del escenario y una estrella del humor El Tiempo. 31 de maio de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2019.
  5. "“Soy un obrero del arte”". El Heraldo (Barranquilla). 2008. Consultado o 8 de novembro de 2008. 
  6. 6,0 6,1 Carlos Benjumea, el peso pesado de la actuación colombiana Caracol TV. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
  7. "Carlos 'El Gordo' Benjumea recibió el Premio 'Víctor Nieto a toda una vida' en los India Catalina". Caracol TV. 4 de marzo de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2017. 
  8. Radio, Caracol (13 de maio de 2021). "Falleció el actor Carlos 'El Gordo' Benjumea". Caracol Radio (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2021. 
  9. "Murió Carlos 'El gordo' Benjumea a los 80 años". RCN Radio (en castelán). 13 de maio de 2021. Consultado o 13 de maio de 2021. 
  10. "Luto en la televisión colombiana, murió el actor Carlos Benjumea". Noticias de Cundinamarca y Fusagasugá en Día a Día (en castelán). 13 de maio de 2021. Consultado o 13 de maio de 2021. 
  11. "“Disfruté toda la vida haciendo reír a la gente”: Carlos 'El Gordo’ Benjumea". www.radionacional.co. Consultado o 13 de maio de 2021.