Carles Riera i Albert
Carles Riera i Albert, nado en 1960, é un sociólogo, psicoterapeuta[1] e activista político catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi director da Fundació Pere Mitjans dende 1984 até 1988, así como cofundador e director da Fundació Randa-Lluís Maria Xirinacs. Foi presidente do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals entre 2010 e 2015, e fundador e presidente da Fundació Desenvolupament Comunitari entre 1993 e 2015. Tamén foi membro do Consello Internacional do Fórum Social Mundial entre 2002 e 2012. É terapeuta de L'Espai de Gestalt dende o ano 2010 e sociólogo da cooperativa La Fàbrica dende 2013.
Na década de 1980 foi integrante e voceiro da Crida a la Solidaritat en Defensa de la Llengua, la Cultura i la Nació Catalanes; nos 90 foi membro do secretariado da Assemblea d'Unitat Popular[2] e actualmente é membro da organización independentista catalá Endavant.
Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, foi candidato da Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent pola circunscrición de Barcelona.[3] Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 foi cabeza de lista da Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent.[4]
É pai de tres fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La controvertida terapia de Carles Riera, candidato de la CUP, nova en El Español o 16 de decembro de 2017 (en castelán).
- ↑ El «cridaire» que s'ha endurit: així és Carles Riera, el cap de cartell de la CUP, nova en NacióDigital (en catalán)
- ↑ Llista Candidatura d'Unitat Popular (CUP) a Barcelona, eleccions Parlament 2015 Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., nova en NacióDigital.cat o 26 de agosto de 2015 (en catalán).
- ↑ Riera serà el cap de llista de la CUP el 21-D, nova en Naciódigital.cat o 13 de novembro de 2017 (en catalán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carles Riera i Albert |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog de Carles Riera (en catalán).
- Ficha de deputado na páxina web do Parlamento de Cataluña (en catalán).