O corpo é basicamente cuadrangular, alto e comprimido, cunha cabeza grande, moi alta e con poros mucosos. Escamas pequenas e cicloides. Poden ter ou non liña lateral.
Presentan unha aleta dorsal alta con ampla base que comeza na cabeza e se estende por todo o dorso, con 2-3 espiñas débiles e o resto con radios brandos segmentados; unha aleta anal cuns 20 radios pero sen espiñas, pectorais cuns 20 radios e pelvianas moi longas que se insiren por diante das pectorales, cunha espiña e 5 radios brandos.