Caproni Ca.310
Caproni Ca.310 Libeccio | |
---|---|
![]() | |
Tipo | recoñecemento |
Fabricante | Caproni |
Deseñado por | Cesare Pallavicino |
Primeiro voo | 20 de febreiro de 1937 |
Introducido | 1938 |
Retirado | 1948 |
Principais usuarios | Regia Aeronautica Forza Aérea de Hungría Real Forza Aérea de Noruega Forza Aérea do Perú |
Unidades construídas | 312 |
Variantes | Caproni Ca.313 Caproni Ca.311 |
O Caproni-Bergamaschi Ca.310 Libeccio (vento do suroeste) foi un bombardeiro lixeiro e avión de recoñecemento italiano da segunda guerra mundial. Produciuse paralelamente ao Ca.309, co que compartía célula, pero tiña mellores motores e tren de aterraxe retráctil que melloraban as súas prestacións. Voou por primeira vez en febreiro de 1937 e fabricáronse uns 1.600 exemplares.
Estreouse en combate na guerra civil española, e tomou parte nas primairas faces da segunda guerra mundial en Libia. Algúns foron usados en grupos de ataque como substitución temporal do insatisfactorio Breda Ba.65. O derradeiro Ca.310 foi retirado fa Forza Aérea Italiana en 1948.
Deseño
[editar | editar a fonte]O Ca.310 deseñouse como un avión de recoñecemento/bombardeiro monoplano bimotor de á baixa, sendo esencialmente unha versión do semi-militar Ca.309 con tren de aterraxe e mellores motores. A fuselaxe era de tubos de aceiros soldados cubertos por paneis de aliaxe lixeira e tea, mentres que a zona de cola era de madeira con recubrimento de contrachapado nas zonas fixas e tea nas superficies de control. Sobre a fuselaxe había unha torreta dorsal operada manualmente armada cunha metralladora de calibre 7,7 mm Breda-SAFAT.