Capela dos Medici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorámica da cúpula da Capella dei Principi domina o complexo arquitectónico de San Lourenzo.

A Capela dos Medici (Cappelle medicee en italiano) na Basílica de San Lourenzo de Florencia comprende dúas estruturas engadidas ao deseño orixinal de Brunelleschi, actualmente é un museo estatal de Florencia e lugar de sepultura da familia Medici, celebrando amais o poder dos Medici coma Grandes Duques de Toscana. A Sagrestia Nuova (Sancristía Nova) foi deseñada por Michelangelo. A Capella dei Principi (Capela dos Príncipes) dos séculos XVI e XVII, está totalmente cuberta cun revestimento de mármore coloreado incrustado con pietra dura.