Saltar ao contido

Cancio, Barcela, Negueira de Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cancio
ParroquiaBarcela
ConcelloNegueira de Muñiz
Coordenadas43°07′01″N 6°53′18″O / 43.1169, -6.8884
Poboación7 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]



Cancio é un lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 6 habitantes, 3 homes e 3 mulleres, o que supón un aumento nunha persoa en relación ao padrón do ano 2000. No 2021, a poboación total era de 13 persoas: 10 homes e 3 mulleres.[1]

A aldea de Cancio foi deshabitándose pouco a pouco tras a construción do encoro do Salime, nos anos 1950, ata que chegou a despoboarse totalmente. Nos anos 1980, unha parella que chegou ao lugar para participar na experiencia da coñecida como Comuna del Foxo comprou e habitou unha das vivendas, onde aínda residen. En 2010 habitáronse outras tres casas. Unha delas foi adquirida e rehabilitada polos promotores de 27113 Comuna, S. Coop. Galega, empresa cooperativa de traballo asociada creada no ano 2011. A empresa habilitou a propiedade coñecida antigamente como «El casarío de Cancio» e os terreos de arredor para poñer en marcha un proxecto de autoemprego que permitise ás socias establecerse no lugar e promover melloras sociais concretas, como a potenciación socioeconómica do rural, o fomento do cooperativismo ou o coidado medioambiental.[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Barcela

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Barcela no concello de Negueira de Muñiz (Lugo)

Barcela | Cancio | Castelo | El Foxo | Rozadas | Santalla | Vilauxín

Parroquias de Negueira de Muñiz

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Negueira de Muñiz

Barcela (San Miguel) | Marentes (Santa María Madanela) | Negueira (San Salvador) | Ouviaño (Santiago) | Río de Porto (San Brais da Barqueiría) | San Pedro de Ernes (San Pedro)

  1. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2021". ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2022. 
  2. "Comuna s. coop. galega, entrevistada en BenBo". espazo.coop. 27 de maio de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2022.