Saltar ao contido

Camp d'Esports

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camp d'Esports

Tipoinstalación deportiva Editar o valor en Wikidata
EstiloNovecentismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°37′17″N 0°36′51″L / 41.6213, 0.6141
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Lleida
Ámbito funcional territorialPonent
ComarcaSegrià
ConcelloLleida Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTravessera del Dr. Fleming, s/n, 25006;
Lleida, España
Datas
Inauguración1 de xaneiro de 1919
Dimensións
Capacidade13.500
Tipo superficieCéspede
Persoas e organizacións
Propietario/aConcello de Lleida
OcupanteClub Lleida Esportiu e CE Atlètic Lleida (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LocalíaUnió Esportiva Lleida (1939–2011)
Club Lleida Esportiu (desde 2011)
Wikidata ]

O Camp d'Esports é un estadio de fútbol da cidade de Lleida, en Cataluña (España). É un recinto deportivo municipal que alberga os partidos do Club Lleida Esportiu, equipo que milita actualmente na Segunda División B.

O Camp d'Esports é un dos campos de fútbol máis antigos de España. Inaugurouse o 1 de xaneiro de 1919, e nel xogou un dos primeiros clubs de Lleida, o Joventut FC. O seu deseño correu a cargo do arquitecto leridano Adolf Florensa. Ademais de fútbol, o campo albergou outros deportes.

Co paso do tempo, o Camp d'Esports sufriu varias ampliacións e remodelacións, para dotalo dun maior aforamento. A maior renovación deuse en 1993, cando se homologou ás normas da Liga de Fútbol Profesional con medidas de seguridade, iluminación e eliminación das localidades sen asento.