Camp Cope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camp Cope
OrixeMelbourne, Australia Australia
Período2015-presente
Xénero(s)rock alternativo, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Run for Cover, Poison City Records
MembrosGeorgia McDonald
Kelly-Dawn Hellmrich
Sarah Thompson
Na rede
campcope.bandcamp.com
Facebook: campcopemusic Bandcamp: campcope Spotify: 6OtUfATGYDnx5O23FP6C2s Last fm: Camp+Cope Musicbrainz: f7f8e2fb-f3d3-4dc4-ad7b-5c6670e76020 Songkick: 8588289 Discogs: 5011420 Allmusic: mn0003506459 Editar o valor em Wikidata

Camp Cope é unha banda australiana de rock alternativo procedente de Melbourne. Fundado en 2015, o grupo está composto pola cantante e guitarrista Georgia "Maq" McDonald (filla de Hugh McDonald), a baixista Kelly-Dawn “Kelso” Hellmrich e a batería Sarah "Thomo" Thompson. Camp Cope ten un contrato co selo independente de Melbourne Poison City Records (onde tamén traballa Thompson),[1] e co selo independente de Boston Run For Cover Records que distribúe os seus traballos en Norteamérica e Europa.[2]

O seu traballo de estrea, Camp Cope, publicado en abril de 2016, alcanzou o top 40 na lista de álbums da ARIA, e foi nomeado ao J Award para o Álbum do ano australiano.[3] A banda tamén foi nomeada en seis categorías dos primeiros National Live Music Awards e gañou o 'Heatseeker Award'.[4] A páxina web Faster Louder elixiu o álbum de estrea de Camp Cope como o seu Álbum do ano para 2016. O grupo tamén gañou o premio ao Mellor artista emerxente nos The Age Music Victoria Awards de 2016.[5]

Camp Cope foi descrito como "parte Courtney Barnett, parte Juliana Hatfield",[6] e "melódico, edificante e doído".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Camp Cope 2016 Poison City Records
How to Socialise & Make Friends 2018 Poison City Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mathieson, Craig (2017-02-15). "Camp Cope say it's their way and the highway". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2019-03-18. 
  2. "Run For Cover Records". Run For Cover Records (en inglés). Consultado o 2019-03-18. 
  3. "The Song Triple J Wouldn’t Let Camp Cope Cover For Like A Version". Tone Deaf (en inglés). 2016-10-12. Consultado o 2019-03-19. 
  4. "The results are in… here are your winners of the inaugural National Live Music Awards! – National Live Music Awards" (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  5. "King Gizzard & The Lizard Wizard Dominate 2016 The Age Music Victoria Awards". Music Feeds. 2016-11-17. Consultado o 2019-03-19. 
  6. "Latest Album Reviews: Paul Kelly, Dami Im, Paul Young, A$AP Ferg & Camp Cope". www.news.com.au. Consultado o 2019-03-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]