Callicebus torquatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Callicebus torquatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Pitheciidae
Xénero: Callicebus
Subxénero: Torquatus
Especie: C. torquatus
Nome binomial
Callicebus torquatus
(Hoffmannsegg, 1807)
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

O Callicebus torquatus é unha especie de primate da familia Pitheciidae que é orixinario do bosque húmido entre os ríos Caquetá e Negro, na Amazonia, no noroeste do Brasil, até os 500 msnm.

O seu corpo mide entre 31 e 37 cm de lonxitude e a súa cola entre 42 e 49 cm; rolda entre 0,8 e 1,5 kg. A pelaxe do corpo e a cola é longo e denso, negro ou castaño moi escuro, cun colar branco e ancho baixo o pescozo, bico branco e mans amarelentas.

Vive en pequenos grupos territoriais de até seis individuos con área de acción de 9 a 22 ha de bosques maduros. Os seus hábitos son arbóreos e permanece nas pólas altas ou medias das árbores, case todo o tempo. Na noite dormen coas súas colas entrelazadas.

Aliméntase de sementes, froitas e invertebrados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Veiga, L.M. & Boubli, J.-P. (2008). "Callicebus torquatus". Lista Vermella da IUCN 2008: e.T41562A10499183. doi:10.2305/IUCN.UK.2008.RLTS.T41562A10499183.en. Consultado o 11 de xaneiro de 2018.