Calidón (fillo de Etolo)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Calidón.
Co nome de Calidón coñécese un heroe grego. Foi fillo de Etolo, rei da Élide, no Peloponeso, e Prónoe, filla de Forbo. Casou con Eolia, filla de Amitaón, coa que tivo dúas fillas, Epicasta e Protoxenia, que unida a Ares tivo un fillo chamado Óxilo [1].
Fundou unha cidad en Etolia (ó norte do golfo de Corinto), á que deu o seu nome, Calidón.
"De Etolo e Prónoe, filla de Forbo, naceron Pleurón e Calidón, de quen tomaron o seu nome as cidades de Etolia... De Calidón e Eolia, filla de Amitaón, naceron Epicasta e Protoxenia, de cuxa unión con Ares naceu Óxilo".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 7, 7)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Non confundir con Protoxenia, filla de Deucalión, cuxo nome significaría 'nacida en primeiro lugar'.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].