Calicrátidas
Nome orixinal | (el) Καλλικρατίδας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V a. C. |
Morte | 406 a. C. Arginusae, Turquía (en) , preto do lugar |
Causa da morte | morto en combate (Battle of Arginusae (en) ) |
Navarco (pt) | |
406 a. C. – 406 a. C. ← Lisandro (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército espartano |
Rango militar | navarco (pt) |
Conflito | Battle of Arginusae (en) Battle of Mytilene (en) |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Kallikratidas 1) |
Calicrátidas foi un comandante naval espartano durante a Guerra de Decelia, a última fase da Guerra do Peloponeso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano -406 foi enviado ao Exeo para tomar o mando da frota espartana de Lisandro, o primeiro navarca. O período de tempo en que Calicrátidas exerceu de navarca foi breve e tropezou con varias dificultades. Principalmente, as intrigas do seu predecesor, quen aparentemente devolvera o diñeiro co que a frota debía ser pagada polo príncipe persa Ciro. Calicrátidas necesitaba o diñeiro de Ciro para pagar aos seus homes, pero, como un espartano tradicionalista, era remiso a pedilo a un persa. Os seus intentos pouco entusiastas de conseguir o financiamento de Ciro non se concretaron, e foi forzado a atopar unha fonte alternativa de fondos, que a cidade de Mileto ao final proveu.
Despois de gañar unha vitoria inicial contra o almirante ateniense Conón, Calicrátidas enfrontouse cunha considerábel frota ateniense enviada para auxiliar a Conón. Enfrontouse a esta frota na batalla de Arxinusas. O seu continxente naval foi completamente derrotado, e Calicrátidas morreu. Tras a súa morte, Lisandro, regresou de Esparta para ocupar o posto de navarca outra vez.
Calicrátidas é lembrado como un espartano da vella escola. Desdeñou a política de alianza con Persia que fora aprobada baixo Lisandro, e declarou que se a elección fose súa, buscaría a paz con Atenas. O papel crecente do diñeiro na política e a diplomacia espartanas, ofendía a súa tradicionalista, antimaterialista sensibilidade. Aínda que fracasou no seu mando, gañou o respecto de moitos espartanos e aliados, e foi moi ben considerado despois da súa morte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fine, John V.A. The Ancient Greeks: A critical history (Harvard University Press, 1983) ISBN 0-674-03314-0
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Extracto Arquivado 23 de febreiro de 2006 en Wayback Machine. da Vida de Lisandro de Plutarco no que se dá conta do tempo de Calicrátidas como navarca. (en inglés)