Caja San Fernando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caja San Fernando
Logo
Tipocaixa de aforros
Data de fundación1993
SedeSevilla
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Caja de Ahorros Provincial San Fernando de Sevilla y Jerez, máis coñecida como Caja San Fernando, foi unha caixa de aforros con sede social en Sevilla, creada en 1993 e desaparecida en 2007.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creada en 1993 tras a fusión da Caja de Ahorros Provincial San Fernando de Sevilla e a Caja de Ahorros de Jerez. A primeira fora fundada en 1834 polo Conde de Villacreces en Jerez de la Frontera (Cádiz), e considérase a máis antiga de España. A Caja de Ahorros Provincial San Fernando de Sevilla foi fundada pola Deputación de Sevilla o 19 de abril de 1930. O18 de maio de 2007 Caja San Fernando fusionouse con El Monte de Piedad, formando Cajasol, que en 2012 foi absorbida por CaixaBank.

Posuía máis de 360 sucursais e 2000 persoas empregadas, especialmente nas provincias occidentais de Andalucía, se ben tiña sucursais en todas as capitais de provincia da rexión e mais en Madrid.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

Era patrocinadora do equipo de baloncesto CB Sevilla, tras o apoio económico ao club da Deputación de Sevilla.