Saltar ao contido

Caio Antistio Veto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCaio Antistio Veto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento40 a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte1 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Cónsul romano
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, mestre acuñador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía e Alto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAntistios Véteres Editar o valor en Wikidata
FillosLúcio Antístio Veto, Caio Antístio Veto Editar o valor en Wikidata
PaiCaio Antístio Veto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Caio Antistio Veto (en latín, Gaius Antistius Vetus), nado circa 40 a. C., finado no ano 1 foi un senador e xeneral do Imperio Romano. Tamén foi nomeado cónsul no ano -6 xunto con Décimo Lelio Balbo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do cónsul Caio Antistio Veto, cónsul en -30.[2] Empezou a súa carreira política como maxistrado monetario. Participou en Hispania nas Guerras cántabras entre 26 a. C.-24 a. C., onde se fixo cargo do mando en ausencia por enfermidade do emperador Augusto, quen acudira en persoa ao conflito.

Xunto con Caio Firmio, loitaou nunha difícil campaña para someter as tribos galaicas nas partes boscosas e nas montañosas máis remotas da Gallaecia que bordean o Océano Atlántico, derrotándoas só despois dunha serie de duras batallas,[3] aínda que se descoñecen os detalles desta campaña en particular.

Realizou campañas vitoriosas en Amaya, Bergida, Monte Vindio e Aracillum e foi gobernador da Hispania Citerior.

No 6 a. C. foi nomeado cónsul ordinario, e máis tarde procónsul da provincia de Asia. Os seus dous fillos, Caio e Lucio, tamén foron cónsules.

  1. Alison E. Cooley, The Cambridge Manual of Latin Epigraphy (Cambridge: University Press, 2012), p. 458
  2. Ronald Syme, The Augustan Aristocracy (Oxford: Clarendon Press, 1986), p. 425
  3. Paulus Orosius, Historiae Adversus Paganos, 6: 21, 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Tiberio Claudio Nerón e
Cneo Calpurnio Pisón
 

Cónsul do Imperio romano
con Décimo Lelio Balbo 
6 a.C.

Sucesor:
César Augusto e
Lucio Cornelio Sila