CPI Virxe da Saleta
CPI Virxe da Saleta | |
---|---|
CPI Virxe da Saleta, San Cristovo de Cea. | |
Enderezo | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Na rede |
O CPI Virxe da Saleta é un centro educativo que se atopa en San Cristovo de Cea. É un colexio público ao que asiste alumnado do propio concello e dos concellos próximos: Piñor e Maside. Nel, impártense tanto clases de educación primaria como de educación secundaria.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Este centro está dividido en tres edificios. O edificio principal consta de dous andares e está situado no centro da parcela. Nel, atópanse dependencias coma a xefatura de estudos, a secretaría, a dirección, a biblioteca e a sala de profesores.
Tamén acolle as clases de Primaria e a aula de inglés. Despois, está o edificio onde se atopan as clases de Educación Secundaria, que tamén consta de dous andares. Acolle ó alumnado mencionado e ademais están as aulas de plástica, tecnoloxía, laboratorio, aula de música, o despacho do departamento de orientación, dúas aulas de informática e diferentes titorías e aulas para desdobres de cursos.
O edificio de infantil consta de dous andares e nel están as tres aulas de infantil e aulas de audición e linguaxe, ademais da aula de pedagoxía terapéutica. Tamén dispón dun pavillón de deportes cuberto e un ximnasio.
O colexio conta con aproximadamente 150 alumnos, repartidos entre os grupos de infantil, primaria e secundaria.
Historia
[editar | editar a fonte]Este centro foi fundado en 1968, sendo alcalde José Hipólito Rodríguez Presas. No 50 aniversario do centro reuniuse alumnado e profesorado da súa historia. Houbo un xantar popular e varios actos conmemorativos.
Premios
[editar | editar a fonte]O centro recibiu diversos premios e recoñecementos pola realización da curtametraxe de animación Os xeranios do señor Afonso (2016)[1], sobre o despoboamento no rural, que crearon algúns nenos do centro coa técnica de stop motion. Un dos recoñecementos foi no Festival Escolar Audiovisual Olloboi.