CONTOUR
CONTOUR | |
---|---|
Representación artística de CONTOUR. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Destruída.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 3 de xullo de 2002, 6:47 GMT[1][4][5] |
Foguete portador | Delta 7425[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Cabo Cañaveral[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos cometas Encke e Schwassmann-Wachmann-3.[1][2] |
NSSDC ID | 2002-034A |
Masa | 328,0 kg[1] |
Potencia | 1147,0 W[1] |
CONTOUR foi unha sonda espacial do programa Discovery da NASA lanzada o 3 de xullo de 2002 mediante un foguete Delta 7425 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar dous cometas. Perdeuse contacto con ela despois do acendido do motor de inxección interplanetaria, aos 45 días de insertarse en órbita terrestre.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]CONTOUR (acrónimo de Comet Nucleus Tour) foi lanzada para sobrevoar polo menos dous cometas, o cometa Encke en novembro de 2003 e o Schwassmann-Wachmann-3 en xuño de 2006. Foi enviada a órbita terrestre sen problemas mediante un foguete Delta 7425 o 3 de xullo de 2002 e permanaceu nesa órbita ata que as condicións foron adecuadas para ser inxectada nunha órbita interplanetaria, 45 días despois. O 16 de agosto acendeuse o motor da sonda, perdéndose o contacto coa mesma. En imaxes tomadas desde terra víronse tres obxectos onde debería estar CONTOUR, e o sistema de detección de mísiles norteamericano detectou un flash tres segundos antes do momento no que debería ter terminado a ignición do motor. A conclusión é que o motor estoupou mentres estaba acendido, destruíndo a sonda.[1][2][3]
CONTOUR levaba a bordo catro instrumentos científicos que deberían ter servido para estudar os cometas, a súa orixe e a súa evolución.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (20 de marzo de 2019). "CONTOUR" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2019). "Contour" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CONTOUR (Discovery 6)" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- ↑ N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "CONTOUR" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CONTOUR" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CONTOUR |