CH Gel Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Club Hoquei Gel Barcelona foi un club catalán de hóckey sobre xeo da cidade de Barcelona.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1979, nuns anos de forte desenvolvemento do hóckey sobre xeo en Cataluña, e inmediatamente comezou a competir na liga española. O club non acada bos resultados e na tempada 1980-81 perde a categoría e descende á segunda división. Na tempada seguinte, remata no segundo posto por detrás do CH Boadilla, mais a renuncia do FC Barcelona permitiulle ascender nóvamente á máxima categoría. O club pasou dúas tempadas na primeira categoría, ata que na tempada 1983-84 perde nóvamente a categoría. Na tempada 1984-85 proclamouse campión da segunda división, acadando de novo o ascenso. Con serios problemas financeiros, o club non puido sobrevivir á crise que padecía o hóckey sobre xeo en España e acaba desaparecendo na tempada 1985-86, mais o seu lugar pasa a ser ocupado polo FC Barcelona, que reactivou a súa sección coincidindo co adeus do CH Gel Barcelona.

As clasificacións do club foron:

  • 1979-1980: 8º
  • 1980-1981: 8º
  • 1981-1982: 2º (2ª División)
  • 1982-1983: 5º
  • 1983-1984: 6º
  • 1984-1985: 1º (2ª División)
  • 1985-1986: desaparición

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 1 Campionato de España de Segunda División: 1985.