CEE O Pedroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Pedroso é un Colexio de Educación Especial situado en Santiago de Compostela. É un centro educativo público de referencia para toda Galiza, para a escolarización de alumnos desescolarizados por presentar trastornos graves de conduta.

Comezou a súa actividade no ano 2002. Nace dun acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e a de Sanidade, e co pulo da Asociación Dédalo. O primeiro equipo técnico, e responsábel do proxecto, estivo liderado pola profesora de educación especial Patricia Gens Autrán e polo psiquiatra Alberte Araúxo Vilar, do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

O centro ten capacidade para 12 alumnos, en réxime de internado.