Quino Salvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaQuino Salvo
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 2016 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de cerebro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- CB Valladolid Editar o valor em Wikidata

Joaquín "Quino" Salvo Pastor, nado en Vigo o 31 de marzo de 1958 e finado no mesmo lugar o 8 de xuño de 2016,[1] foi un xogador e adestrador galego de baloncesto, que xogou quince tempadas en diferentes competicións nacionais, incluída a Liga Española e a ACB Con 1,91 metros de altura, xogaba na posición de ala.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Chegou aos 20 anos ao Helios Skol Zaragoza, despois de ter sido internacional coa selección española júnior, conseguindo a medalla de bronce no Campionato europeo de baloncesto de 1976 celebrado en Santiago de Compostela. Co Zaragoza xogou na Segunda División española, ascendendo o ano seguinte á Primeira División, a máxima categoría antes da creación da liga ACB. Alí xogou 4 tempadas e en 1983 marchou para xogar no Llíria de Primeira B.

Volveu á máxima categoría en 1984 asinando polo Foro Filatélico de Valladolid, xa na ACB. Na súa primeira tempada co equipo, fixo unha media de 11,7 puntos e 2,4 rebotes por partido.[2] Xogou catro tempadas máis para o equipo pucelano, sendo a súa mellor a tempada 1986-87, na que acabou cunha media de 14,5 puntos e 1,5 rebotes.

En 1989 fichou polo Atlético de Madrid, xogando unha tempada na Primeira División, e regresando na seguinte á ACB, da man do Caja San Fernando, onde na súa primeira tempada, e xa con 32 anos, fixo unha media de 9,2 puntos e 1,6 rebotes por partido.[2] Xogou unha tempada máis no equipo sevillano, e rematou a súa carreira como xogador tras unha derradeira tempada no Askatuak.

En total contabilizou 239 partidos de ACB, cunha media de 9,8 puntos e 29 minutos.[3]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como adestrador cando aínda era xogador do Helios Skol Zaragoza, levando o equipo infnatil do club Boscos de Zaragoza e, máis tarde, o cadete da entidade.[4] Pero a súa carreira profesional comezou no CB Cidade de Huelva en 1993, un ano antes de asinar co Cantabria Lobos,[5] equipo co que ascendeu á liga LEB en 1995, e á ACB ano seguinte, e co que gañou a Copa Princesa de Asturias de 1997.[6]

No ano 2000 fichou polo Menorca Bàsquet, onde permanece durante dúas tempadas, estando a piques de lograr o ascenso á liga ACB na primeira delas, tras perder por 3-2 no play-off final contra o CB Granada. En 2002 asinou co Baloncesto León, onde permaneceu unha tempada, pasando ao ano seguinte a dirixir a Los Barrios, onde adestrou 2 tempadas, sendo substituído por Moncho Fernández.[7][8][9] Tras dirixir un ano ao Gestibérica Vigo, co que non puido evitar o descenso á LEB Bronce, en 2007 fichou polo Alimentos de Palencia, sendo cesado tras 14 partidos nos que só conseguiu 5 vitorias.[10][11]

En agosto de 2008 regresou ao Cantabria Lobos,[12] ascendendo o equipo á LEB Prata.[13] En 2009 fichou como adestrador do Marín Peixegalego da liga EBA, dirixindo o conxunto galego ata 2012.[14]

Enfermidade e morte[editar | editar a fonte]

En 2015 foille diagnosticado un tumor cerebral, falecendo ao ano seguinte en Vigo, aos 58 anos de idade.[15][16] Pouco antes do seu falecemento foi homeaxeado polo Real Valladolid e polo CB Ciudad de Valladolid, coa presenza do alcalde da cidade, Óscar Puente, e ex xogadores de baloncesto.

Trofeo Memorial Quino Salvo[editar | editar a fonte]

Dende setembro de 2016 celébrase no pavillón das Travesas de Vigo o Trofeo Memorial Quino Salvo, unha competición amigable de baloncesto a partido único que enfronta anualmente a dous clubs da Liga ACB.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El baloncesto español llora la muerte del mítico Quino Salvo". Marca (en castelán). 8 de xuño de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Estatísticas de Quino Salvo". ACB (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  3. "Quino Salvo: Un 'toro', un gran personaje" (en castelán). 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  4. "Entrevista a José Luis Abós" (en castelán). 26 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2010. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  5. "Traxectoria de Quino Salvo". terra.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  6. "Copa Príncipe Adecco Oro 2010: Recordando a los últimos campeones y sus respectivos MVP´s" (en castelán). 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  7. "Quino Salvo se compromete con el Baloncesto León" (en castelán). 10 de xullo de 2002. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  8. "Quino Salvo seguirá al frente del C.B Los Barrios" (en castelán). 10 de maio de 2005. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  9. "Moncho Fernández sustituye a Quino Salvo en el banquillo de Los Barrios". Marca (en castelán). 28 de maio de 2006. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  10. "Quino Salvo dirigirá a Provincia de Palencia" (en castelán). 27 de xuño de 2007. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  11. "Quino Salvo, cesado como entrenador de A. de Palencia" (en castelán). 26 de xuño de 2007. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  12. "Quino Salvo entrenará al Lobos de Leb Bronce donde se producen los primeros movimientos" (en castelán). 12 de agosto de 2008. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  13. "Alerta Cantabria asciende a Plata" (en castelán). 20 de abril de 2009. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  14. "Un ilustre como Quino Salvo, nuevo entrenador de Peixefresco Marín de liga EBA" (en castelán). 25 de agosto de 2009. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  15. "Muere Quino Salvo, el "toro" de las canchas de la ACB". El Mundo (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  16. "El basket se vuelca en apoyo a un ‘histórico’: Quino Salvo". Mundo Deportivo (en castelán). 9 de febreiro de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  17. "El Real Madrid, posible rival del Obradoiro en el próximo Memorial Quino Salvo". Faro de Vigo (en castelán). 10 de abril de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]