O Club Deportivo Unión Estudiantil (C.D.U.E.), alcumado como o Albiverde, é un equipo de hóckey a patíns da cidade de San Juan (Arxentina). O club foi fundado o 13 de febreiro de 1946 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns arxentino, Liga Nacional A1, competición que gañou nunha ocasión. Conta con equipos nas categorías masculina e feminina.