CCTV International Russian comezou as súas emisións o 10 de setembro de 2009 coincidindo co 60 aniversario do establecemento de relacións entre Beijing e Moscova.
A súa programación inclúe noticias, deportes, negocios e ademais de curiosidades sobre China e outras partes de Asia, así como series chinesas subtituladas e documentais de viaxes polo interior deste país, xunto con percorridos culturais e artísticos. Esta canle emite tamén cursos de aprendizaxe da lingua chinesa.