A súa programación inclúe noticias, deportes, negocios e ademais curiosidades sobre China e outras partes de Asia, así como series chinesas subtituladas e documentais de viaxes polo interior deste país, xunto con percorridos culturais e artísticos. Esta canle emite tamén cursos de aprendizaxe da lingua chinesa.