CB Tizona
Aparencia
UBU Tizona | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Primeira FEB |
Fundación | 2014 |
Historia | CB Atapuerca (1997−2013) |
Cores | Azul, laranxa |
Presidente | Miguel Angel Benavente |
Adestrador | Diego Ocampo |
Localización | |
Cidade | Burgos, España |
Pavillón | El Plantío |
Capacidade | 2 432 |
cbtizona.es |
O Club Baloncesto Tizona, coñecido por motivos de patrocinio como UBU Tizona, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Burgos, Castela e León. Actualmente compite na Primeira FEB, segunda categoría do baloncesto español.
Historia
[editar | editar a fonte]O club ten as súas orixes no Club Deportivo Maristas de Burgos, mais non é até o 2001 que se independiza obtendo a actual denominación, competindo na liga EBA. Despois de tres anos na liga EBA, o CB Atapuerca recibe unha invitación da FEB para participar na liga LEB 2, conseguindo finalmente chegar á LEB Ouro. En 2014 o equipo refúndase como CB Tizona.