Saltar ao contido

CAIC Z-10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CAIC Z-10
Tipohelicóptero de ataque
FabricanteChanghe Aircraft Industries Corporation (CAIC)
Primeiro voo29 de abril de 2003
Introducidodecembro de 2012
Produción2003-presente
Unidades construídas116 (2016)

O CAIC Z-10, tamén chamado WZ-10, é un helicóptero de ataque desenvolvido pola China. Está deseñado principalmente para misións anti-carro pero tamén ten capacidades aire-aire. Foi codeseñado pola oficina de deseño rusa Kamov baixo un contrato co goberno chinés e é fabricado por Changhe Aircraft Industries Corporation (CAIC).[1][2][3][4]

En setembro de 2016 China anunciou que as súas unidades de aviación da forza terrestre foran equipadas co WZ-10.[5]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Exploración temperá

[editar | editar a fonte]

En 1979 os militares chineses estudaron o problema de contrarrestar grandes formacións blindadas. Concluíron que a mellor solución convencional era o uso de helicópteros de ataque e mercaron oito Aérospatiale Gazelle aramados con Euromissile HOT para ser avaliados.

A mediados dos 80 os chineses decidiron que requirían un helicóptero de ataque dedicado. Na época usaban helicópteros civís convertidos para usos militares; eses aparellos non eran axeitados para o rol de ataque, séndoo só como exploradores. Tras isto China avaliou o Agusta A129 Mangusta, e en 1988 aseguraron un acordo cos Estados Unidos para mercar AH-1 Cobra e unha licenza para fabricar mísiles BGM-71 TOW; este último foi cancelado tras as Protestas da Praza Tian'anmen e o embargo de armas posterior. As revolucións de cores evitaron a compra de helicópteros de ataque do leste de Europa en 1990 e 1991; Bulgaria e Rusia rexeitaron as ofertas chinesas para mercar o Mil Mi-24.

Mentres que os intentos de importar deseños estranxeiros fallaban, os xogos de guerra determinaron que os helicópteros de ataque tiñan que estar comandados polo exército en vez da forza aérea. Isto levou á creación da aviación das Forzas Terrestres do Exército Popular de Liberación, cunha forza inicial de nove Harbin Z-9. Esta unidade realizou experimentos tácticos que axudarían a definir os requisitos do futuro Z-10. A investigación tamén decidiu que mísiles anti-carro como o BGM-71 TOW non eran axeitados e favoreceu a un análogo ao AGM-114 Hellfire. Estes achados aseguraban que o Z-10 estaría baseado no novo mísil.

  1. "Chinese WZ-10 attack helicopter based on Kamov design". FlightGlobal. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  2. "Kamov Reveals Involvement in China’s Z-10 Attack Helicopter". AINonline. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  3. "Russian Roots Revealed In China's Z-10". Aviation Week Network. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  4. "China's Cutting-Edge Attack Helicopter Is Actually A Russian Design". Business Insider. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  5. "WZ-10 attack helicopter now deployed in all PLA aviation units". Air Recognition. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2018.