Saltar ao contido

Cù Sìth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Cù-Sìth (en plural Coin-Sith) é un ser mitolóxico de Escocia, semellante ao Cú Sidhe irlandés e que tamén presenta algunhas semellanzas co Cŵn Annwn galés.

Aparencia

[editar | editar a fonte]

Segundo o folclore escocés, o Cù-Sìth ten o tamaño dun touro novo e o aspecto dun lobo. A súa pel é peluda, normalmente dunha cor verde escura aínda que ás veces aparece descrito como branco. O rabo é longo e tanto pode aparecer enrodelado como entrenzado. As súas gadoupas teñen o tamaño da man dun home.[1]

Habita nas físgoas das rochas nas Highlands, e mais tamén erra entre as gándaras e as terras altas.[2]

Actividade

[editar | editar a fonte]

O Cù-Sìth era temido como un arauto de morte, encargado de levar a alma dunha persoa para o alén, de xeito similar ao Bean Sidhe, ou banshee, do folclore irlandés.

Segundo a lenda, a criatura era capaz de cazar silandeiramente, mais ocasionalmente emitía tres fortes e aterradores ladridos que se podían oír en quilómetros de distancia, os que os oíren tiñan que procurar refuxio antes do terceiro ou podían morrer de espanto.[2]

  1. Eberhart, George M. (2002). Mysterious creatures : a guide to cryptozoology. Oxford: ABC-Clio. p. 116. ISBN 1-57607-283-5.
  2. 2,0 2,1 Campbell, J. G. (1900). Superstitions of the Highlands and Islands of Scotland: Collected Entirely from Oral Sources. Maclehouse. pp. 30–32.