César Álvarez Enríquez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX |
| Morte | maio de 1916 Celanova |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
César Álvarez Enríquez, finado en Celanova en maio de 1916, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alcalde de Celanova e deputado provincial polo partido de Celanova (1883). Foi nomeado administrador da subalterna da Compañía Arrendataria de Tabacos en Celanova en 1897.[1] Foi inspector local da Renda do Timbre do Estado de Celanova ata a súa renuncia en 1915.[2] Finou en Celanova en maio de 1916.[3][4]
| Predecesor: ? |
Alcalde de Celanova ? - ? |
Sucesor: ? |