Cándido González Tarrío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cándido González Tarrío
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Cándido C. González Tarrío, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rexentaba o comercio La Colmena, onde tamén creou unha imprenta e unha librería. Tamén creou un cine. Foi depositario do concello de Rianxo na ditadura de Primo de Rivera. Na Segunda República foi elixido alcalde de Rianxo en marzo de 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo na cadea. Foi sancionado economicamente pola ditadura franquista.


Predecesor:
Ricardo Tarrío Calvo
 Escudo de Rianxo.svg
alcalde de Rianxo
 
1936
Sucesor:
Germán Fernández Lemos

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Rañó e foi pai de Sara González Rañó, que casou con Martín Gómez Rodríguez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade.