Bush Tetras
Bush Tetras | |
---|---|
Orixe | Nova York, |
Período | 1979 - 1983 1995 - 1998 2005 - presente |
Xénero(s) | post-punk, no wave, dance punk, punk funk |
Selo(s) discográfico(s) | ROIR |
Membros | Pat Place Dee Pop Cynthia Sley Julia Murphy |
Artistas relacionados | The Contortions, Lovelies, Command V |
Na rede | |
Bush Tetras é unha banda estadounidense de post-punk procedente de Nova York. Foi moi popular na escena de clubs de Manhattan e nas radios universitarias a principios dos 80, pero que nunca acadou o éxito entre o gran público. A súa música combina ritmos funk con disonantes riffs de guitarra.
Historia
[editar | editar a fonte]A guitarrista Pat Place e a vocalista Cynthia Sley produciron os aspectos máis distintivos do son de Bush Tetras. As liñas de guitarra de Place eran rítmicas e cheas de distorsión. Place fora a guitarrista orixinal e un dos membros fundadores da banda de no wave The Contortions. Con Bush Tetras Place continuou perseguindo algunhas das ideas musicais que explorara en The Contortions, aínda que o seu distintivo estilo co slide está ausente en moitas das cancións de Bush Tetras. As voces de Sley eran medio faladas e medio cantadas. En cancións como "Too Many Creeps" e "Can't Be Funky", repetía frases sinxelas unha e outra vez, creando unha monotonía hipnótica semellante aos ritmos de guitarra de Place.
Place apareceu nalgunha películas de Vivienne Dick, coprotagonizadas con Lydia Lunch e outros músicos da florecente comunidade musical de Nova York de finais dos 70 e principios dos 80. Esas aparicións axudaron a que a banda coseguise unha prominente posición na escena da cidade nos comezos dos 80. O movemento post-punk revival dos anos 2000 en Nova York acompañouse dun rexurdimento do interese por ese período, coa influencia de Bush Tetras presente en moitas bandas desa escena.
O grupo conseguiu dous éxitos dance nos Estados Unidos nos primeiros anos 80 ("Too Many Creeps" que chegou ao número 57 en 1981, e "Can't Be Funky/Cowboys in Africa" que acadou o 32 en 1982), antes da súa separación inicial.[1]
Sley uniuse posteriormente con Ivan Julian de Richard Hell and the Voidoids para formar Lovelies. Xuntos editaron un percusivo álbum post-punk en 1988, Mad Orphan (109 Records). En 2008 formou Command V con Pat Irwin de The Raybeats e B-52s, e Rachel Dengiz. A banda publicou un álbum auto-titulado no ano 2012 a través de Mush Records. O batería Dee Pop tocou e gravou con distintos grupos de jazz ou de rok despois da separación de Bush Tetras.
A banda reformouse brevemente a mediados dos anos 90 e publicou o álbum Beauty Lies en 1997. O ano seguinte gravaron un disco titulado Happy co produtor Don Fleming, pero non sería publicado ata 2012. En 2005 engadiron á baixista Julia Murphy e tocaron na cidade de Nova York. No verán do ano 2006 o grupo saíu de xira por Europa.
Laura Kennedy, a baixista orixinal da banda, morreu o 14 de novembro de 2011 tras unha longa enfermidade de fígado.[2]
En febreiro de 2013, Cindy Rickmond (anteriormente en Cheap Perfume, Grayson Hugh, Church of Betty e Unknown Gender) substituíu a Murphy como baixista da banda.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
Wild Things | 1983 | ROIR | só en casete |
Beauty Lies | 1997 | Polygram | |
Very Very Happy | 2007 | ROIR |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Allmusic (ed.). "Temas de Bush Tetras nas listas". Consultado o 6 de abril de 2016.
- ↑ Tiny Mix Tapes (ed.). "RIP: Laura Kennedy of Bush Tetras". Consultado o 6 de abril de 2016.
- ↑ ROIR (ed.). "Bush Tetras have a new bassist... meet Cindy Rickmond!". Consultado o 6 de abril de 2016.