Saltar ao contido

Burghead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burghead
 Nome orixinal
Am Broch (gd)  
Burghead (en)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Burghead (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   1.910 (2016) estimación Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC±00:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postalIV30 5 Editar o valor en Wikidata
VIAF146692928 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/024_g6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Burghead (en scots: Burgheid[1] ou The Broch,[2] en escocés: Am Broch) é unha pequena vila en Moray, Escocia, que se atopa a 13 quilómetros ó noroeste de Elgin. A vila está construída sobre unha península que se proxecta cara ó noroeste formando o fiorde de Moray, o cal fai que a vila estea rodeada polo mar por tres dos seus lados.

A vila actual foi construída entre 1805 e 1809, destruíndo no proceso máis da metade dun importante sitio arqueolóxico picto, un castro. O mapa do xeneral Roy amosa as defensas que existiron até o século XVIII pero que atribuíu erradamente ós romanos. O castro foi probablemente un importante poboado picto e alí foron encontradas lousas esculpidas con touros, que son coñecidas como "Burghead Bulls". Descubriuse tamén unha cámara cun pozo de considerable antigüidade en 1809 e as paredes e un teito foron engadidos máis tarde para axudar a preservalo. Cada ano o 11 de xaneiro celébrase un festival do lume coñecido como "Burning of the Clavie". Crese que o festival data do século XVII mais facilmente podería ser moito máis antigo.

  1. "Scots Language Centre: Scottish Place Names in Scots". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2018.
  2. "The Online Scots Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2018.