Bujumbura Mairie

Bujumbura Mairie é unha das 17 provincias do Burundi, formada enteiramente pola cidade de Bujumbura, antiga capital do país. Cunha extensión de 87 km², en 1999 tiña unha poboación estimada de 319.098 habitantes.
Está arrodeada pola provincia de Bujumbura Rural, coa que anteriormente formaba unha soa provincia.[1]