Bucina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bucina

Chámase bucina, buguina ou apupo a cuncha de diversos caracois mariños de tamaño medio pertencente a varias especies. As auténticas bucinas son as dos moluscos gasterópodos mariños pertencentes ao xénero Strombus (familia Strombidae), pero o nome aplícase ás cunchas de caracois doutras especies que teñen ambos os dous extremos puntiagudos, é dicir, que teñen espiras altas e unha canle sifonal notábel. Entre estoutras especies inclúense as do xénero Melongena, a bucina xigante sagrada (Pleuroploca gigantea) e as do xénero Turbinella.