Bu'eine Nujeidat
بعينة-نجيدات (ar) בועיינה-נוג'ידאת (he) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 9.812 (2019) (1.390,2 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 7,058 km² | |||
Altitude | 170 m | |||
Creación | 1987 | |||
Sitio web | bueine-nujeidat.muni.il… |
Bu'eine Nujeidat é un consello local árabe no distrito Norte de Israel que consiste de dous núcleos, Bu'eine e Nujeidat, que se fusionarion en 1987 e que se recoñeceu como consello local en 1996. Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Israel, a poboación era de 7 900 habitantes en 2006, a maioría de relixión musulmá, e contaba cun índice de crecemento de 2.3%.
Historia
[editar | editar a fonte]Bu'eine é de poboamento antigo.[1] Da Idade de Ferro atopouse un xerro pequeno, e da época romana e bizantina consérvanse fragmentos de cerámica,[2] e do primeiro período islámico e da época mameluca tamén existen fragmentos de cerámica.[3]
Período otomán
[editar | editar a fonte]En 1517 a localidade entrou a formar parte do Imperio Otomán coma o resto de Palestina, e en 1596 figura en rexistros tributarios como al-Bu'ayna, dentro da nahiya de Tabariyya da liwa de Safad. A poboación estaba integrada por 38 familias e 6 solteiros, todos musulmáns.[4][5]
Un mapa da invasión de Napoleón de 1799, obra de Pierre Jacotin amosa Bu'eine, co nome de Beni.[6]
En 1875 visitouna Victor Guérin e era unha aldea de 150 habitantes.[7] En 1881 no Survey of Western Palestine (SWP) descríbese El Baineh como "unha aldea edificada nunha ladeira, con 200 habitantes musulmáns."[8]
Mandato Británico
[editar | editar a fonte]No censo palestino de 1922 Bu'aniyeh tiña unha poboación de 212, todos musulmáns, aumentando a 349 no censo de 1931, que inclía a 2 xudeus mentres o resto era de relixión islámica, ocupando un total de 67 casas.[9][10]
En 1945 a poboación de Bu'eina era de 540, todos árabes e musulmáns.[11]
Tras 1948
[editar | editar a fonte]O exército israelí capturou Bu'eine durante a segunda parte da Operación Dekel (15–18 de xullo de 1948).[12] Estivo baixo lei marcial ata 1966.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dauphin, Claudine (1998). La Palestine byzantine, Peuplement et Populations BAR International Series 726 (in French). III : Catalogue. Oxford: Archeopress., p. 721
- ↑ Dalali-Amos, Edna (2006). "Bu‘eina Final Report" (118). Hadashot Arkheologiyot – Excavations and Surveys in Israel, Bu‘eina Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Porat, Leea (2007). "Bu‘eina Final Report" (119). Hadashot Arkheologiyot – Excavations and Surveys in Israel. Bu‘eina Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Hütteroth, Wolf-Dieter; Abdulfattah, Kamal (1977). Historical Geography of Palestine, Transjordan and Southern Syria in the Late 16th Century Erlanger Geographische Arbeiten, Sonderband 5. Erlangen, Germany: Vorstand der Fränkischen Geographischen Gesellschaft. ISBN 3-920405-41-2. p. 189
- ↑ Non obstante, Rhode, Harold (1979). Administration and Population of the Sancak of Safed in the Sixteenth Century, p. 6 considera que o rexistro correspondía ao período 1548/9
- ↑ Karmon, Y. (1960). "An Analysis of Jacotin's Map of Palestine" (PDF). Israel Exploration Journal 10 (3,4): 155–173; 244–253., p. 166 Arquivado 22 de decembro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Guérin, Victor (1880). Description Géographique Historique et Archéologique de la Palestine. 3: Galilee, pt. 1. Paris: L'Imprimerie Nationale., pp. 363-364
- ↑ Conder, Claude Reignier; Kitchener, H. H. (1881). The Survey of Western Palestine: Memoirs of the Topography, Orography, Hydrography, and Archaeology 1. London: Committee of the Palestine Exploration Fund., SWP I, pp. 362-363
- ↑ Barron, J. B., ed. (1923). Palestine: Report and General Abstracts of the Census of 1922 (PDF). Government of Palestine, Table XI, Sub-district of Nazareth, p. 38
- ↑ Mills, E., ed. (1932). Census of Palestine 1931. Population of Villages, Towns and Administrative Areas (PDF). Jerusalem: Government of Palestine, p.73
- ↑ Village Statistics April 1945, The Palestine Government, p. 8 Arquivado 09 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Morris, Benny (1987). The Birth of the Palestinian refugee problem, 1947-1949. Cambridge University Press. ISBN 0-521-33028-9, p. 200