Bryn Celli Ddu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 53°12′28″N 4°14′08″O / 53.20787, -4.23550

Bryn Celli Ddu, entrada dende o nordeste.
Bryn Celli Ddu, vista interior,

Bryn Celli Ddu é un lugar prehitórico da illa galesa de Anglesey, localizado preto de Llanddaniel Fab. O seu nome significa 'o túmulo do bosque escuro'. Foi saqueado en 1699, e as escavacións arqueolóxicas fixéronse entre 1928 e 1929.

Durante o período neolítico, tiña un crómlech e un henge. Do lugar recuperouse unha pequena parte dun recipiente queimado que contiña un oso humano do oído.

A comezos da idade de bronce, as pedras foron removidas para construír unha típica tumba de andadeiro na parte superior do centro do henge. Unha pedra tallada cun deseño en serpentina atopábase orixinalmente no lugar. Dende o seu descubrimento, foi trasladada ó Museo Nacional de Gales e foi substituída por unha réplica colocada a carón da entrada. O túmulo de terra que cobre a tumba é unha restauración do século XX. O orixinal era probablemente meirande.

Norman Lockyer, que publicou en 1906 o primeiro estudo sistemático de astronomía megalítica, sostiña que Bryn Celli Ddu marcaba o solsticio de verán. No seu momento, foi ridiculizado, pero as investigacións de Christopher Knight e Robert Lomas en 1997 e 1998 demostraron que estaba no certo.[1] Knight e Lomas tamén declararon que os aliñamentos do lugar servían como calendario agrícola. Steve Burrow, conservador do Amgueddfa Cymru (Museo Nacional de Gales), sostivo máis recentemente a relación dos aliñamentos co solsticio de verán. O aliñamento relaciona Bryn Celli Ddu con outros llugares, como Maes Howe e Newgrange, que sinalaban o solsticio de inverno.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Knight, C and Lomas, R: Uriel's Machine. Century. 1999

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pitts, M. 2006. Sensational new discoveries at Bryn Celli Ddu. British Archaeology No. 89 (xullo/agosto): 6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]