Brouwerij De Molen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 52°5′5.86″N 4°44′18.2″L / 52.0849611, -4.738389 Brouwerij De Molen [ˌbrʌwəˈrɛi̯ də ˈmoːlə(n)]) é unha cervexaría e destilería situada en Bodegraven, nos Países Baixos. A cervexaría, cuxo nome tradúcese como "O Muíño", comezou nos baixos dun muíño de vento chamado «De Arkduif», construído no ano 1697. As súas instalación tamén inclúen un bar e unha tenda de cervexas artesanais europeas e estadounidenses, así como produtos rexionais como queixo de granxa.[1]

Tendo comezado a facer cervexa de xeito artesanal, e despois de traballar en varias cervexarías artesanais, o seu propietario Menno Olivier traballou en Stadsbrouwerij De Pelgrim en Rotterdam antes de fundar De Molen en 2004.[2] De Molen ten participado en proxectos conxuntos con outras cervexarías como Mikkeller e De Struise Brouwers.

Información técnica[editar | editar a fonte]

Preparación de cervexa na cervexaría

A capacidade da cervexaría nos seus principios era 500 litros por lote, cunha produción anual 500 hectolitros. O equipamento incluía tanques lácteos convertidos a fermentadores.

Dende 2012, a capacidade máxima de cada rolda de produción aumentou a 2500 litros. Posteriormente adquiriuse un edificio novo a 200 metros do muíño orixinal. A produción principal moveuse a este novo edificio, aínda que ocasionalmente se facían algunhas producións no edificio vello. En 2016 tiveron que expandir o seu edificio actual, co obxectivo de chegar ós 25.000 Hl. ó ano.[2]

Premios e recoñecemento[editar | editar a fonte]

O muíño «De Arkduif»

No 2010, De Molen foi votada como décima mellor cervexaría do mundo no ránking de RateBeer.

Os produtos de De Molen foron os dominadores na categoría de mellores cervexas dos Países baixos nas listas de RateBeer nos anos 2008 e 2009, ocupando 7 e 8 das primeiras 10 posicións naqueles anos.[3]

Menno Olivier gañou no ano 2008 o Zilveren Knuppel ("morcego de prata"), outorgado anualmente pola PINT, a sociedade de cervexa holandesa polas súas contribucións á cultura de cervexa nos Países Baixos.[4][5]

A súa cervexa Tsarina Esra foi votada mellor cervexa de inverno no 2008 no festival da PINT.[6]

Moitas das súas cervexas foron listadas entre as Cervexas do Ano 2008 polos xornalistas de cervexa do Reino Unido Roger Protz e Tom Cannavan.[7]

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Desde 2009, De Molen ven celebrando o festival Borefts. Este festival ten lugar en outono, e conta coa participación de cervexeiros artesáns de Europa e Estados Unidos.

Controversia[editar | editar a fonte]

A súa cervexa Rasputin tivo que cambiar de nome tras unha reclamación en 2009 por parte da North Coast Brewing Company, que tiña unha cervexa similar chamada Old Rasputin. De Molen, con algo de retranca, cambioulle o nome a Disputin.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]