Saltar ao contido

Brigitte Schwaiger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrigitte Schwaiger
Biografía
Nacemento6 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata
Freistadt, Austria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

IMDB: nm1041482 BNE: XX1160486 Editar o valor em Wikidata

Brigitte Schwaiger, nada en Freistadt o 6 de abril de 1949 e finada o 26 de xullo de 2010,[1] foi unha escritora austríaca.[2] A súa novela Como chega o sal ao mar (1977) tivo moita repercusión ao falar da monotonía da vida de casada dende unha perspectiva autobiográfica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla dun doutor e neta de Carola Seligmann, unha cantante de ópera que morreu no campo de concentración de Theresienstadt.[3]

Schwaiger foi á escola secundaria en Freistadt ata 1967 e despois estudou dous semestres de Psicoloxía, e Filoloxía xermánica e románica en Viena. En 1968, casou cun funcionario español e trasladouse con el a Madrid e a Mallorca[4] antes de se divorciar aos catro anos.

En 1972, regresou a Austria e asistiu á Academia Pedagóxica en Linz onde actuou a tempo parcial en teatros e traballou como asistente de produción en ORF (Österreichischer Rundfunk - Austrian Broadcasting).[4]

A súa primeira novela, Wie kommt das Salz ins Meer? (1977) (Como chega o sal ao mar?) converteuse nun best-séller sensacional que vendeu centenares de miles de copias na comunidade de lingua alemá. A historia en boa medida autobiográfica conta a monotonía da vida matrimonial diaria e as tentativas infrutuosas de fuxir dela. En 1988 foi dramatizada nun filme alemán de Peter Beauvais, protagonizando por Nicolin Kunz e Siemen Rühaak.

A pesar de que os seus traballos máis tardíos non conseguiron o éxito da súa primeira novela, Fallen lassen, un relato que manifestaa súa experiencia en psiquiatría, foi aclamado pola crítica.[1] Os seus problemas mentais estaban cada vez máis agudizados e foi diagnosticada de depresión endóxena.[3]

Brigitte Schwaiger foi atopada morta nun ramal do río Danubio en Viena a finais de xullo de 2010. Avaliouse que cunha alta probalidade fora un suicidio. A miúdo falaba sobre "o xeito máis curto" que lle gustaría escoller.

  • Como chega o sal ao mar (orix. Wie kommt das Salz ins Meer, 1977). ISBN 978-84-128075-4-7[5]
  • Mein spanisches Dorf (1978)
  • Lange Abwesenheit (1980)
  • Die Galizianerin (1982)
  • Der Himmel ist süß – Eine Beichte (1984)
  • Mit einem möcht' ich leben (1987) (poemas)
  • Liebesversuche (1989)
  • Schönes Licht (1990)
  • Tränen beleben den Staub (1991)
  • Der rote Faden (1992)
  • Jaro heißt Frühling (1994)
  • Ein langer Urlaub (1997)
  • Fallen lassen (2006) (describe a súa experiencia coa psiquiatría)
  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografie". brigitte-schwaiger.at (en alemán). Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  2. "Brigitte Schwaiger obituary". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Wois (27 de xullo de 2010). "Brigitte Schwaiger ist tot: "Du schlafe gut"". diepresse.com (en alemán). Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 Schinnerl, I. (27 de xullo de 2010 [actualizado o 22 de agosto de 2018]). "Schwaiger, Brigitte". austria-forum.org (en alemán). Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  5. Traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato (Editorial Hugin e Munin, 2024)