Brianza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paisaxe da Brianza: o lago Annone dividido en dous sectores pola península de Isella.

Brianza, ou Briansa en dialecto brianzolo,[1] é unha rexión histórica italiana na Lombardía, situada ao norte da cidade de Milán e ao sur do lago de Como.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Brianza probabelmente deriva do termo celta brig (montaña, altura) que permanece co mesmo significado aínda hoxe en día —principalmente na forma bricch— en moitos dialectos galoitálicos, incluíndo o brianzolo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización da Brianza na rexión da Lombardía.

A Brianza histórica non se corresponde cunha entidade político-administrativa, e durante moitos séculos a expresión máis común para chamala Brianza foi "montes de Brianza" ou "outeiros de Brianza", no sentido de "rexión montañosa chamada Brianza", onde "de Brianza" é un complemento do nome.

Como límites xerais da rexión pódenss sinalar a Canle de Villoresi ao sur, o río Adda ao leste, os vales prealpinos do Triángulo de Lariano até o lugar onde o Lambro sobe cara ao norte e o río Seveso ao oeste.

A pesar da falta dunha institución territorial, o sentimento de pertenza a esta zona está fortemente marcado entre os seus habitantes. Ademais, as distintas áreas de Brianza presentan numerosos trazos que os unen e os diferencian do resto da Lombardía, de natureza xeográfica, demográfica, económica, social, cultural e lingüística.

Hoxe en día a Brianza engloba municipios pertencentes a catro provincias lombardas: a case tolalidade de Momza e Brianza, a parte meridional de Como, a parte suroriental de Lecco e unha pequena parte da cidade metropolitana de Milán.[2]

A súa superficie é de 879,8 km², na que vivían en 2016 1 483 336 habitantes, polo que a densidade de poboación nese ano era de 1 685,8 ab./km²

Principais municipios[editar | editar a fonte]

Mapa dos dialectos lombardos.
A, lombardo alpino; B, lombardo occidental; C, lombardo oriental; D, trentino occidental; E, dialectos mixtos.
O brianzolo, como se ve no mapa, pertence ao occidental.
Municipio Nome en brianzolo Provincia Poboación
Lissone Lisôn Monza e Brianza 44 451
Seregno Serégn Monza e Brianza 42 626
Desio Dés Monza e Brianza 40 100
Cantù Cantü Como 38 591
Cesano Maderno Cesàn Madernu Monza e Brianza 37 107
Vimercate Vimercaa Monza e Brianza 25 612
Giussano Giüssaan Monza e Brianza 24 363
Mariano Comense Mariaan Como 23 646
Meda Meda Monza e Brianza 23 045
Seveso Séves Monza e Brianza 22 877

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O brianzolo é un dialecto do lombardo occidental.
  2. Brianza: Situación xeográfica en altabrianza.org.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mauri, Michele & Domenico F. Ronzoni (2003): Ville della Brianza. Ediz. italiana e inglese. Vol. 1. Missaglia, Lecco, Italia: Bellavite. ISBN 978-88-7511-005-5.
  • Mauri, Michele & Domenico F. Ronzoni (2004): Ville della Brianza. Ediz. italiana e inglese. Vol. 1. Missaglia, Lecco, Italia: Bellavite. ISBN 978-88-7511-031-4.