Braulio Iglesias Lorenzo
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2020) |
Braulio Iglesias Lorenzo | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1901 |
Ribadavia | |
Falecemento | 2 de xullo de 1972 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | cantante e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Braulio Iglesias Lorenzo, nado en Ribadavia o 29 de outubro de 1901 e finado en Madrid o 2 de xullo de 1972, foi un cantante e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
- Braulio Iglesias
Foi membro da murga Os Pera en 1929[1]. Ao ano seguinte organizou a tropa "La Guardia Judía en Ribadavia, e en 1931 pasou a formar parte da Coral de Ruada. En 1934 participou como tenor na xira que o coro Anaquiños da Terra fixo a Chicago.[2] En 1935 dirixiu o orfeón Ecos del Avia.[3]
Dirixiu o semanario humorístico Ris-Ras[4]. Publicou algúns poemas en El Compostelano. A finais de 1935 estreouse en Ribadavia a súa obra Romance del palomar.[5] Colaborou coa imprenta O Ribadaviense entre 1965 e 1968.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Neto de Ramona Alonso Estévez (1861-1946) e José Lorenzo Fernández (1859-1927), e fillo do avogado de Ribadavia Modesto Iglesias García (1877-1958) e de Rogelia Lorenzo Alonso (1879-1970). Os seus irmáns eran Mercedes Iglesias Lorenzo (1904-1975) e Modesto Iglesias Lorenzo (1910-1920). Casou en 1936 con Nieves Martínez Herranz (1907-1978), e tivo dúas fillas: Mercedes (n. 1937) e Nieves (n. 1939).
Obras[editar | editar a fonte]
- Romance del Palomar. Melodrama en dos actos y un epílogo, en verso, 1936.