Branco lexítimo
Branco lexítimo é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza, considerada como a variedade máis antiga das existentes no país. A recolleita está principalmente na zona de Betanzos e Paderne.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante séculos produciuse viño con branco lexítimo ata a desaparición das viñas por diversas pragas dende o século XIX ata finais do século XX. Os viños producidos con esta variedade de uva non tiñan saída comercial nin eran coñecidos xa que non aparecía nas etiquetas o tipo de uva. A variedade non existía no "Rexistro de variedades comerciais da oficina española de variedades vexetais" do Ministerio de Medio Rural. O 24 de marzo de 2011 foi publicada no BOE a orde que recolle a inscrición xunto co agudelo e a tinta castañal. Este recoñecemento foi traballo da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC co apoio da Fundación Juana de Vega e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia[1].
Produtores en Galiza
[editar | editar a fonte]En Galiza hai rexistrados nove produtores de branco lexítimo. Seis son da zona de Betanzos, tres do Barbanza (onde se coñece coma raposo) e un de Negueira de Muñiz (onde é coñecida coma branco país) [2][3]. A primeira fin de semana de xullo celébrase dende 2014 a "Mostra do Branco Lexítimo" no concello de Paderne[4].
Terra de Betanzos
[editar | editar a fonte]- Casa Beade
- Lorenzo Bescansa
- María Luísa Fraga
- María Moar
- Adegas Rilo
- Viña Ártabra
Barbanza
[editar | editar a fonte]- Adegas Calidade
- Adegas Entreosrios
- Cazapitas
Negueira de Muñiz
[editar | editar a fonte]- Adegas Panchín
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Branco lexítimo, agudelo y castañal, aptas para vinificar. Alfonso Andrade. lavozdegalicia.es 6/4/2011
- ↑ El crítico de Parker en España ensalza el branco lexítimo de Betanzos. lavozdegalicia.com
- ↑ Viticultura Atlántica. blancolexitimo.wordpress.com
- ↑ "Mostra do Branco Lexítimo. Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Variedades de vid de interés comercial para la zona vitícola de Betanzos. Fundación Juana de Vega. (192 páxinas) (en castelán) Referíndose a branco lexítimo e agudelo.