Bote de Halkett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un bote de Halkett.

Un bote de Halkett é un tipo de bote inflable lixeiro que foi deseñado polo tenente Peter Halkett (1820-1885) durante a década de 1840.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Estes botes intentaban poñer solución as dificultades para navegar no Ártico canadense: precisábase unha embarcación lixeira de abondo para ser transportada por terra e robusta abondo para ser empregada nas extremas condicións meteorolóxicas da zona.

O primeiro deseño de Halkett consistía nun bote plegable e inflable fabricado en tea imbuída de caucho. Cando estaba desinflado, o casco do bote podía levarse coma se fose un abrigo ou unha capa, o remo usarse como un caxato e a vela e o mastro como un paraugas; só tiña capacidade para unha persoa. Halkett, alentado pola positiva acollida, levou a cabo melloras: o modelo seguinte era para dúas persoas e pequeno abondo como para coller nunha mochila e poder ser empregado, unha vez desinflado, como manta impermeable.

Aínda que foi ben recibido polos exploradores canadenses, o mercado para estes deseños era moi limitado e Halkett non foi quen de persuadir a Royal Navy do Reino Unido da súa utilidade para os servizos navais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]