BoJack Horseman
| BoJack Horseman | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
BoJack Horseman é unha serie estadounidense de animación de comedia e drama creada por Raphael Bob-Waksberg. Está protagonizada polas voces de Will Arnett, Amy Sedaris, Alison Brie, Paul F. Tompkins e Aaron Paul. Ambientada principalmente en Hollywood, a serie conta a historia dun cabalo antropomórfico chamado BoJack Horseman (Arnett), que foi unha estrela de televisión na década de 1990 e quere volver ser famoso cunha autobiografía escrita por unha escritora pantasma, Diane Nguyen (Brie). Ó mesmo tempo, Horseman ten lidar coa súa axente Princess Carolyn (Sedaris), o seu compañeiro de piso Todd Chavez (Paul), e o seu antigo rival Mr. Peanutbutter (Tompkins), así como cos seus problemas coa depresión e coas adiccións. A serie foi deseñada por Lisa Hanawalt, que foi amiga de Bob-Waksberg dende o instituto e traballara con el dende o webcomic Tip Me Over, Pour Me Out.[1][2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Will Arnett como BoJack Horseman
- Alison Brie como Diane Nguyen
- Paul F. Tompkins como Mr. Peanutbutter
- Aaron Paul como Todd Chavez
- Amy Sedaris como Princess Carolyn
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lambert, Molly (10 de setembro de 2018). "The Origin Story of the Depressingly Good BoJack Horseman". The New Yorker. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2018.
- ↑ "Tip Me Over Pour Me Out". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2008. Consultado o 24 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
- BoJack Horseman na IMDb (en inglés).