O programa conta a historia de Bluey, unha cadeliña "Blue Heeler" antropomórfica de seis anos que se caracteriza pola súa enerxía, imaxinación e curiosidade polo mundo. Vive co seu pai, Bandit, coa súa nai, Chilli, e a súa irmá máis nova, Bingo, quen se une regularmente a Bluey nas aventuras mentres a parella se embarca en xogos imaxinativos xuntos. Outros personaxes que aparecen representan diferentes razas de can. Os temas xerais da serie inclúen o foco na familia, o crecemento e a cultura australiana. O programa foi creado e prodúcese en Queensland; a súa capital, Brisbane, inspirou os escenarios da serie.
Muffin: curmá máis vella de moito xenio, filla do matrimonio Stripe (irmán de Bandit) e Trixie.
Socks: irma máis nova de Muffin, nas primeiras dúas tempadas ó ser moi pequena andaba sobre catro patas e ladraba aínda que na terceira tempada xa fala.
A necesidade de contar as aventuras desta familia xurdiulle ó autor a partir da súa propia experiencia ó criar dúas fillas. Logo de traballar no Reino Unido durante unha década, Joe Brumm volveu a Australia decido a reflectir nun programa de animación a súa experiencia, reflexionando sobre ser pai no século XXI, tomando a filosofía da crianza positiva, estabelecendo un equilibrio entre facerte respectar e dedicarlle tempo para o xogo.[7]
Debido a que os nacementos das súas fillas foron moi seguidos, durante unha boa tempada estivo atado a ver deseguido programas infantís que o horrorizaban. Na súa opinión, aqueles debuxos non reflectían o que el estaba a vivir coas súas fillas, así que decidiu contalo el mesmo.[7] Así naceu o primeiro piloto, que tiña a intención de facer un programa que gustase tanto a pequenos como ós pais e puidesen desfrutalo xuntos. Este concepto botou atrás potenciais estudos de animación, non sendo así o caso de Ludo Studios, con que fixo o primeiro capítulo de sete minutos e que presentaron na Cume Asiática de Animación. O recibimento foi tan bo que pronto espertou o interese das distribuidoras, entre as que destacou Disney.[8]
↑Knox, David (4 de setembro de 2018). "Airdate: Bluey". TV Tonight. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2019. Consultado o 19 de abril de 2019.