Saltar ao contido

Blood on the Tracks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blood on the Tracks
Bob Dylan Editar o valor en Wikidata
 Título
    Blood on the Tracks (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
17 de xaneiro de 1975 Editar o valor en Wikidata
 Data de gravación
1974 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   3.102 s Editar o valor en Wikidata
 Número de partes
   10 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
VIAF233554928 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/015c8 Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
Spotify: 4WD4pslu83FF6oMa1e19mF Discogs: 3878 Allmusic: mw0000189846 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Blood on the Tracks é o décimo quinto álbum de estudio do cantautor estadounidense Bob Dylan, publicado o 20 de xaneiro de 1975 a través do selo Columbia Records. O disco marcou o regreso de Dylan a Columbia tras dous discos editados con Asylum Records. A meirande parte das letras do álbum xiran ao redor da anguntia, da ira e da soidade.

O álbum foi recibido con entusiasmo pola crítica e o público. Nos anos posteriores ao seu lanzamento chegou a ser considerado como un dos seus mellores discos; é moi común en traballos posteriores que estes se etiquetasen como "o seu mellor disco dende Blood on the Tracks". É tamén común velo como un estándar para os álbums confesionais do cantautor; aínda que Dylan negase que as cancións sexan autobiográficas, o seu fillo Jakob Dylan afirmou: "As cancións son o meu pai falando". No ano 2003 o disco foi elixido o número 16 da lista da Rolling Stones dos "500 mellores álbum de todos os tempos", e no 2004 foi colocado no posto 5 da lista de Pitchfork Media dos "100 mellores álbums dos 70".

O disco acadou o número 1 da lista Billboard 200 e o 4 da UK Albums Chart. O sinxelo "Tangled Up in Blue" chegou ao posto 31 da lista Billboard Hot 100. O álbum segue a ser un dos máis vendids de Dylan, cunha certificación de dobre platino nos €€Stados Unidos]].

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bob Dylan. 

Cara 1
N.º TítuloGravada Duración
1. "Tangled Up in Blue"  30 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis 5:42
2. "Simple Twist of Fate"  19 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York 4:19
3. "You're a Big Girl Now"  27 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis 4:36
4. "Idiot Wind"  27 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis 7:48
5. "You're Gonna Make Me Lonesome When You Go"  17 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York 2:55
Cara 2
N.º TítuloGravada Duración
6. "Meet Me in the Morning"  16 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York 4:22
7. "Lily, Rosemary and the Jack of Hearts"  30 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis 8:51
8. "If You See Her, Say Hello"  30 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis 4:49
9. "Shelter from the Storm"  17 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York 5:02
10. "Buckets of Rain"  19 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York 3:22
51:42