Black Paradox
Aparencia
Black Paradox (ブラックパラドクス Burakku Paradokusu?) é unha colección de manga seinen creada por Junji Ito, publicada previamente nun número especial da revista Big Comic Spirits, publicada despois por Shōgakukan nun volume encadernado en marzo de 2009.[1] Trátanse de seis capítulos recollidos nun só volume. Inclúe dúas historias adicionais, The Licking Woman e Mystery Pavilion.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Catro persoas pretenden suicidarse e coñécense a través da web de suicidios Black Paradox: Maruso, un enfermeiro que se desespera polo futuro; Taburo, un home que é torturado polo seu doppelganger; Pii-tan, un enxeñeiro co seu propio robot clon; e Baracchi, unha nena que agoniza pola marca de nacemento da súa cara.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Black Paradox - jp". manga-news.com. Consultado o 22 de setembreo de 2014..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Shōgakukan (en xaponés)