Binibèquer Vell
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | |||
Provincia histórica | provincia de Baleares | |||
Illa | Menorca | |||
Concello | Sant Lluís | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 07711 | |||
Binibèquer Vell é unha localidade e complexo turístico situado na costa sur da illa de Menorca, nas illas Baleares, que pertence ao concello de Sant Lluís.[1] Está a 5 km da capital do municipio e a 8 km de Maó, a capital da illa.[2] Está situado entre o cabo d'en Font ao oeste e a praia de Binibeca ao leste.
É unha vila ideada polos arquitectos Antoni Sintes Mercadal e Francesc Joan Barba Corsini, e pretende emular o estilo de construción típico das cidades costeiras do Mediterráneo, o que lle valeu certa popularidade como atractivo turístico, ata converterse nun dos máis lugares da illa máis fotografados.[3] Arredor do núcleo desenvolveuse unha urbanización de casas unifamiliares e tendas, o que a converteu nun destino moi popular para o turismo de verán. Non ten ningún hotel. Durante o inverno está practicamente deshabitado, mentres que no verán está cheo de turistas.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi deseñado en 1972 polos Antoni Sintes Mercadal e Francesc Joan Barba Corsini cun estilo peculiar, simulando unha antiga vila de pescadores que nunca existiu.[4]
A característica máis acentuada deste núcleo é que está composto por rúas estreitas, pequenas e empedradas, creando un pequeno labirinto. A vila é toda de madeira e as paredes son todas de cor branca, dun estilo diferente á arquitectura tradicional e típica de Menorca.[5]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o INE, no ano 2020 Binibèquer Vell contaba con 227 habitantes censados,[6] o que representa o 3,37% da poboación total de Sant Lluís.
Evolución da poboación
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Binibèquer Vell entre 2010 e 2020 |
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Platges i cales". ajsantlluis.org. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Binibeca, Menorca". Consultado o 6 de xullo de 2019.
- ↑ "Cuando Binibèquer se llamaba Binibeca". menorca.info. 2 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Guia de Menorca 2010, Conselleria de Turisme del Govern de les Illes Balears, 2010. Dep. Legal: B-22237-05 (en catalán) (en castelán) (en inglés) (en alemán)
- ↑ Menorca, Sa nostra (12 de agosto de 2018). "On anar: poblat de pescadors de Binibeca.". Consultado o 6 de xullo de 2019.
- ↑ INE (1 de xaneiro de 2020). "Poboación de Binibèquer Vell".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Binibèquer Vell |