Saltar ao contido

Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos
Betanzos Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Datas
 Fundación / creación
1947 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
c/ Emilio Romay, 1 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal15300 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+34-981-70-69-48 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Wikidata

A Biblioteca Municipal A. Castelao é a Biblioteca Municipal da cidade de Betanzos. A biblioteca atópase no antigo mosteiro de San Domingos de Betanzos (século XVII-XVIII). Nese mesmo edificio atópanse o Arquivo Municipal de Betanzos e o Museo das Mariñas.

Na biblioteca, xunto co arquivo e o museo, edítase a publicación cultural Anuario Brigantino.

A Biblioteca Municipal A. Castelao tivo a súa primeira sede no Colexio de Orfas de Betanzos, inaugurándose o 7 de marzo de 1946 cun fondo de 1500 volumes. Dirixida nese momento por Francisco Carlos Seijo, contaba con exposicións de arte, organizaba conferencias e celebraba a Fiesta Nacional del Libro Español o 21 de abril.[1].

Tras pasar por diferentes etapas, recobrou o seu esplendor na década de 1970, coa participación de varios profesores e alumnos do Instituto Francisco Aguiar, que se farían cargo da súa xestión. Purificación Calviño foi a encargada da xestión entre 1974 e 1980. O 25 de marzo de 1980 o pleno municipal acorda honrar a memoria de Castelao outorgándolle o seu nome á biblioteca municipal.

En xaneiro de 1981 pasou a estar dirixida por Alfredo Erias, contando no momento da súa incorporación con 871 persoas socias e 4972 volumes.[2] En 1983 trasladouse ao antigo convento de San Domingos, coincidindo coa inauguración do Museo das Mariñas.

Dende o 1 de xullo do 2022 está dirixida por Ángel Arcay Barral. Contando con algo máis de 1000 persoas socias e con máis de 23 000 volumes, despois de facer un expurgo da colección e a migración ao sistema de xestión da Rede de Bibliotecas de Galicia. Entre as actividades realizadas destacan as actividades de difusión lectora e os clubs de lectura, entre eles un sobre a historia da cidade organizado para maiores de 65 anos[3] e que foi recoñecido co Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia na edición do 2023[4].

  1. SEIJO, Francisco Carlos (1948). "Biblioteca Pública Municipal". Anuario Brigantino (1): 63.
  2. ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (1981). "La Biblioteca Pública Municipal Castelao". Anuario Brigantino (4): 87–90.
  3. Galicia, Xunta de (2023-10-30). "As bibliotecas de Betanzos e Cenlle reciben o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2023". Xunta de Galicia. Consultado o 2024-01-25.
  4. "La biblioteca de Betanzos recibe el premio a la innovación del 2023". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-10-31. Consultado o 2024-01-25.