Saltar ao contido

Benigno Gómez Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenigno Gómez Gómez
Biografía
Nacementoc. 1902 Editar o valor en Wikidata
A Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Carballeda de Avia
marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10749

Benigno Gómez Gómez, nado na Veiga (Carballeda de Avia) cara a 1902, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dono dun serradoiro en Carballeda. Na República, coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Carballeda de Avia a principios de marzo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Capturado pola Garda Civil en febreiro de 1939, foi xulgado en Ourense o 16 de xuño con Juan Rodríguez Bóveda acusados de rebelión militar na causa 933/36.[1] Foi condenado a 30 anos de reclusión perpetua. Preso da cadea de Ourense, saíu en liberdade condicional en agosto de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 que foi anulado, e volvéronllo abrir en 1943.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Amparo Rivera Fernández.

  1. La Región, 16-6-1939, p. 3.
  2. BOE, 11-2-1943, p. 548.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
-
 
Alcalde de Carballeda de Avia
 
1936
Sucesor:
-