Beckett (cráter)
Beckett | |
---|---|
Foto do cráter Beckett tomada pola sonda MESSENGER. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Mercurio |
Diámetro | 60,24 km km[1] 55 km[2] |
Coordenadas | 40,16° S 248,67° O[1] |
Procedencia do nome | Clarice Beckett, pintora australiana.[1] |
Beckett é un cráter do planeta Mercurio, que foi descuberto en xaneiro de 2008, durante o primeiro sobrevoo do planeta feito pola sonda MESSENGER.[3] A particularidade que fai especial a este cráter é que o seu chan non é liso e exhibe unha gran fosa con forma de arco ou dun auricular de teléfono, a cal é tamén chamada fosa central. O tamaño desta depresión é de 35 × 7,5 km.[2] Esta característica xeolóxica podería se-lo resultado do colapso dunha cámara de magma subxacente á parte central do cráter.[2] Este fenómeno é moi semellante ás caldeiras volcánicas da Terra, cando estas se colapsan.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Beckett on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 09-01-2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Gillis-Davis, Jeffrey J.; Blewett, David T.; Gaskell, Robert W.; Brett W.; Robinson, Mark S.; Strom, Robert G.; Solomon, Sean C (2009). "Pit-floor craters on Mercury: Evidence of near-surface igneous activity". Earth and Planetary Science Letters 285 (3-4): 243–250. Bibcode:2009E&PSL.285..243G. doi:10.1016/j.epsl.2009.05.023.
- ↑ JHU/APL, ed. (20-02-2008). "MESSENGER Views an Intriguing Crater". Arquivado dende o orixinal o 20-11-2013. Consultado o 18-11-2009.
- ↑ JHU/APL, ed. (30-09-2009). "A Newly Pictured Pit-Floor Crater". Arquivado dende o orixinal o 02-04-2015. Consultado o 09-01-2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- JPL/Photojournal (ed.). "PIA10186: MESSENGER Views an Intriguing Crater". Consultado o 09-01-2012.
- JPL/Photojournal (ed.). "PIA15152: Pit, No Pendulum". Consultado o 09-01-2012.