Beatriz Pino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1975 (48 anos) Vigo, España |
Deputada de España | |
10 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xornalista , política |
Período de actividade | 10 de maio de 2019 - |
Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (–2022) |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Beatriz María Pino Ocampo, nada en Vigo o 1 de xullo de 1975, é unha xornalista e política galega de Ciudadanos deputada no Congreso dos Deputados, en 2019, durante seis meses.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en 2004 en xornalismo pola Universidade Carlos III de Madrid. Presentou informativos deportivos e de fin de semana en Telemadrid (2002-2013), tamén traballou en Antena 3 (2012) e na Televisión de Galicia presentou o programa Galicia 112 (2013-2014). Coordinadora de prensa de Ciudadanos en Galicia dende 2016, encabezou as listas ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra desa formación nas Eleccións xerais de abril de 2019, resultando escollida deputada.[2] Nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano repetiu candidatura, mais non obtivo escano. En xaneiro de 2020 foi nomeada voceira do Comité Autonómico de Galicia de Ciudadanos.[3] Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi cabeza de lista do seu partido pola Provincia de Pontevedra.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Martín Reboredo, Marcos (7/12/2019). "Diputadas exprés. María Vilas y Beatriz Pino no se imaginaban un paso tan fugaz por la política nacional tras formar parte del Congreso solo durante 2 y 6 meses, respectivamente". Faro de Vigo (en castelán): 19.
- ↑ "Beatriz Pino, candidata de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Pontevedra, falounos das reducións fiscais para fomentar as zonas rurais", TVG, 5/4/2019.
- ↑ La viguesa Beatriz Pino será la nueva portavoz de la dirección gallega de Ciudadanos
- ↑ "Candidaturas presentadas ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 05 de marzo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatriz Pino |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na páxina web do Congreso dos DeputadosArquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.