Bea Porrúa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Beatriz Porrúa Refojo 8 de novembro de 1984 (40 anos) Pontecesures, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz |
Beatriz Porrúa Refojo, coñecida artisticamente como Bea, nada en Pontecesures o 8 de novembro de 1984, é unha cantante pop galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Xestión e Administración, e de canto. Entre outubro de 2003 e xaneiro de 2004 formou parte da 3ª edición de Operación Triunfo, pero unha escordadura provocou que a dirección do programa optara por expulsala. Na repesca foi a 2ª máis votada (32,3%), por detrás de Davinia (34,6%), o que non lle impediu conseguir unha carreira discográfica.
O seu primeiro disco foi publicado en decembro de 2004 en Galicia e en xaneiro de 2005 a nivel nacional. Foi producido por Alejo Estivel e contou don dous temas de Rosana e un de Miki Ferrero.
O seu segundo disco foi publicado o 8 de agosto de 2006 en Galicia e en setembro a nivel nacional.
En 2007, decidiu cambiar momentaneamente o micrófono pola escena e debutar esa fin de semana en Vigo como actriz de teatro formando parte do elenco da obra Tarará Chis-Pum, producida polo Centro Dramático Galego e que nos vindeiros meses percorreu boa parte de Galicia, chegando incluso a outros puntos de España coma a cidade asturiana de Xixón.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con OT 3
[editar | editar a fonte]- Gala 0 (2003)
- Gala 1 (2003)
- Gala 2 (2003)
- Gala 3 (2003)
- Gala 4 (2003)
- Gala 5 (2003)
- Gala 6 (2003)
- Gala 7 (2003)
- Gala 8 (2003)
- El Álbum (2003)
- Gala 9 (2003)
- Gala 10 (2003)
En solitario
[editar | editar a fonte]- Fuego y miel (2004); Inclúe os temas "Dos almas encendidas", "Fuego y miel", "Caricias a la mar", "A pesar", "Si te pudiera tener", "Mi tierra", "Ayer lloró", "No mires atrás", "Hace tiempo", "Buscándote" e "Miña terra" (en galego).
- Volver a amanecer (2006); Inclúe os temas "Mi estrella", "Al anochecer", "Missing", "Lela", "Vuelo hacia el sol", "Como hemos cambiado", "No puedo ser cobarde", "Soledad", "Una oportunidad", "Dime por qué", "I need your love" e "Negra sombra".
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Tarará Chis-Pum (2007)