Saltar ao contido

Bayarjargal Agvaantseren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBayarjargal Agvaantseren
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Rashaant, Mongolia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, conservacionista Editar o valor en Wikidata
Hábitat do leopardo das neves.
Paisaxe de Tost.

Bayarjargal (Bayara) Agvaantseren, nada en Rashaant, provincia de Khövsgö o 11 de xaneiro de 1969, é unha conservacionista mongol que fixo campaña para salvar o hábitat do leopardo das neves nunha área do deserto de Gobi meridional, que se converteu nun importante centro mineiro. Grazas aos seus exitosos esforzos para crear a Reserva Natural Tost Tosonbumba de 8.163 quilómetros cadrados, e lograr que as autoridades cancelen 37 licenzas mineiras, en 2019 foi galardoada co Premio Ambiental Goldman.[1][2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bayarjargal Agvaantseren naceu o 11 de xaneiro de 1969 en Rashaant, provincia de Khövsgöl,. Traballou desde principios da década de 1990 como profesora de idiomas e tradutora, especializada en inglés e ruso. En 1997, interesada no medioambiente local, pasou o verán traducindo un estudo de investigación para Snow Leopard Trust. A partir de 1997, dedicou a súa carreira a salvar aos leopardos das neves e a axudar a manter ás familias rurais. En 1997, foi nomeada directora de programas de Snow Leopard Enterprises, posto que ocupou até 2007, cando se incorporou a Snow Leopard Trust como directora do programa de Mongolia. Consciente das dificultades ás que se enfrontan os pastores locais e as súas familias, ese ano fundou a Snow Leopard Conservation Foundation (Fundación para a Conservación do Leopardo das Neves), unha ONG destinada a axudar ás mulleres rurais a crear e vender as súas valiosas artesanías, á vez que conciencian sobre a necesidade da conservación do leopardo das neves.[5]

En 2009, ao darse conta de que os seus esforzos en prol da conservación na rexión de Tost estaban ameazados polos intereses mineiros, comezou a centrar a súa atención en iniciativas políticas, mobilizando á comunidade local para facer campaña en favor da protección da paisaxe e dos seus leopardos das neves. Os seus esforzos continuaron ano tras ano, ata que finalmente o parlamento de Mongolia designou as montañas de Tost como Área Protexida do Estado en abril de 2016, co 80 % dos seus deputados votando a favor da proposta.[6][7] Posteriormente coñecida como a Reserva Natural de Tost Tosonbumba, todas as licenzas mineiras na área foron canceladas desde entón.[8]

Grazas aos seus esforzos por protexer o hábitat do leopardo das neves en Tost e as vidas das familias locais, en abril de 2019 foi unha dos seis ambientalistas de todo o mundo que recibiu o Premio Ambiental Goldman.[9][10]

  1. "Tost Tosonbumba Nature Reserve" (en inglés). Consultado o 2021-04-20. 
  2. "Bayarjargal Agvaantseren" (en inglés). Consultado o 2021-04-20. 
  3. "Snow leopard saviour". BBC News (en inglés). 29 de abril de 2019. Consultado o 2021-04-20. 
  4. Dasgupta, Shreya (2019-04-29). "Meet the winners of the 2019 Goldman Environmental Prize" (en inglés). Consultado o 2021-04-20. 
  5. "Mujer vence a la industria minera y salva al leopardo de las nieves de la extinción". 2019-05-07. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-20. 
  6. "Una ambientalista gana la pulseada contra mineras". 19 de xullo de 2019. Consultado o 2021-04-20. 
  7. "Mongolian Conservationists Create a Future for the Snow Leopard" (en inglés). 2017-10-19. Consultado o 2021-04-20. 
  8. "Biography: Goldman Winner Bayara Agvaantseren" (en inglés). 2019-04-29. Consultado o 2021-04-20. 
  9. Aldama, Zigor (2019-07-17). "La mujer que salvó al leopardo de las nieves". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-04-20. 
  10. "Premios Goldman 2019". 2019-06-25. Consultado o 2021-04-20.